CRTVG

Buscar

A Xunta amplía os apoios á conciliación en períodos non lectivos

Publicado o 23/01/2020 14:56

• É unha das novidades da Lei de impulso demográfico

Os últimos datos de nacementos en Galicia, afirma Alberto Núñez Feijóo, fan esta lei máis necesaria ca nunca. Reúne todas as medidas que puxo en marcha a Xunta nos últimos anos, como a Tarxeta Benvida, salas de lactancia, incentivos ao retorno dos galegos do exterior ou programas de avellentamento activo e amplía os apoios á conciliación.

"Continuaremos estendo os recursos de concilación en períodos non lectivos, non só nos meses de verán", di a conselleira de Política Social.

Todas as medidas suman un investimento anual de 800 millóns de euros. O presidente agarda a colaboración da oposición na tramitación parlamentaria que agora comeza.

"Galicia xa é pionera con esta lei, gustaríanos ser tamén únicos grazas ao consenso", afirma Alberto Núñez Feijóo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020