CRTVG

Buscar

Máscara obrigatoria, con ou sen distancia de seguridade

Publicado o 18/07/2020 15:58

Preocupan imaxes coma estas, captadas en Muros. A Xunta pídelles aos concellos que extremen a vixilancia para acabar cos botellóns. O Diario Oficial de Galicia recolle a súa prohibición expresa.
O DOG recolle tamén a ampliación do uso das máscaras. A partir dos seis anos hai que utilizala sempre ao aire libre e nos espazos pechados de uso público, haxa ou non distancia de seguridade.

Poderán quitala as persoas que practiquen deporte ao aire libre de forma individual cando poida asegurarse a distancia de sguridade de dous metros. Nas piscinas e nas praias poderemos retirala na toalla e durante o baño, pero non para pasear.

Nas cafeterías, máscara posta, agás durante o momento da consumición. Quedan libres destas obrigas as persoas con dificultade respiratoria ou con enfermidades que poidan agravarse coa máscara. Tamén as persoas con diversidade funcional que non sexan autónomas para utilizala. Para os demais, a multa será de cen euros.

E lembren que non chega con levar a máscara. Hai que colocala correctamente, tapando o nariz e cubrindo a cara ata o queixo.