CRTVG

Buscar

A Xunta acusa o Goberno de discriminar Galicia

Publicado o 16/04/2019 15:05

O Parlamento de Galicia aprobou, ata en 3 ocasións, e por unanimidade, solicitar a transferencia da AP-9. O seguinte paso era a aprobación no Congreso. No último pleno da lexislatura, a proposta para apurar a transferencia saíu adiante por maioría. Só votou en contra Ciudadanos. Segundo o Goberno, era preciso que a transferencia fose ratificada no Congreso, pero como non houbo máis plenos non se podía votar.

Para o vicepresidente da Xunta o Goberno de Pedro Sánchez discrimina Galicia xa que si que transferiu ao País Vasco a AP-68 sen pasar polo trámite do Congreso. 

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta: "Agora que vemos que é tan fácil para algúns conseguir esas transferencias demóstrase a inxustiza que se quere facer con Galicia negándonos a nós unha transferencia que por moitísimas razóns xa tiña que estar feita, e hai argumentos de sobra para facela. Non ten ningún sentido que ao País Vasco si rapidamente e a Galicia non".

A lexislatura rematou e a AP-9, a autoestrada coa peaxe máis cara de España, segue sen ser transferida a Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019