CRTVG

Buscar

A xuízo por montar supostamente un "narcopiso" en Vigo

Publicado o 16/09/2020 14:44

A Audiencia Provincial en Vigo acolleu o xuízo contra dous homes polo caso dun 'narcopiso' desmantelado na cidade no ano 2018. O dono da vivenda faleceu, polo que só compareceu por videoconferencia o outro procesado, que negou os feitos. O home que supostamente montou o 'narcopiso' e un 'fumadoiro' de cocaína acusou o propietario e dixo que só ía ata alí para coidalo, xa que era discapacitado. No seu día as numerosas queixas dos veciños motivaran o operativo. A Policía mantivo que os dous homes vendían a droga na vivenda e os clientes podían fumala alí mesmo en pipas artesanais. A fiscalía pide para o acusado 4 anos de cárcere.
 

Noticias web

16/09/2020