CRTVG

Buscar

A xuíza rexeita o informe que acusaba os equipos de rescate da morte do pequeno Julen

Publicado o 06/03/2019 18:13

A xuíza que investiga a morte do pequeno Julen desestima o informe que acusaba os bombeiros de matar o neno. Este informe, presentado polo avogado do dono da parcela en que morreu o menor, apuntaba que unha picaraña lanzada polos equipos de rescate puido causar a morte do neno. O sumario do caso recolle que a picaraña non tiña restos de sangue, algo imprescindible para que esta teoría puidese ser real. Ademais, o informe preliminar da autopsia establece que a causa da morte son varias contusións no pescozo e na cabeza. Este documento tamén recolle que o pequeno tiña terra nas vías respiratorias. Por todas estas razóns, a maxistrada rexeita pedir máis probas para seguir investigando nesa dirección, tal e como pedía a defensa do dono da propiedade.

Á marxe da investigación xudicial, os pais de Julen presentaron ante a Policía Nacional catro denuncias por comentarios ofensivos ou en ton de burla nas redes sociais sobre a morte do pequeno. O grupo de delitos tecnolóxicos da Policía xa indentificou os presuntos autores destas mensaxes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019