CRTVG

Buscar

A xuíza ratifica a prisión provisional para o sospeitoso da morte de Marta Calvo

Publicado o 10/12/2019 14:26

O sospeitoso da morte de Marta Calvo chegou aos xulgados de Alzira baixo unha forte protección policial. A xuíza encargada do caso comunicoulle que ratificaba a prisión provisional, comunicada e sen fianza que xa fora acordada o venres pasado polo Xulgado de garda.

Á saída dos xulgados, como xa acontecera á entrada, o detido foi increpado por varios veciños.

A avogada da familia de Marta mostrou a súa sorpresa porque Jorge Ignacio volvera pedir perdón.

Do que se sabe ata o de agora é que o detido lles dixo aos axentes, despois de entregarse o mércores pasado, que a morte de Marta fora accidental e que se producira tras manter relacións sexuais e consumir cocaína. Segundo o seu relato, logo despezou o corpo da muller e o botouno nos colectores do lixo de varias localidades.

Os investigadores non cren esta versión, convencidos de que se fose así, os restos de Marta xa terían aparecido nas plantas de reciclaxe.

Noticias web

10/12/2019