CRTVG

Buscar

A xuíza encargada da explosión do edificio de Madrid arquiva a investigación

Publicado o 24/02/2021 21:19

A xuíza encargada do caso decidiu arquivar a investigación da explosión do edificio na rúa de Toledo de Madrid. 

A investigación pechouse porque conclúe que se debeu a un escape de gas natural. Tras examinar o informe pericial non aprecia ningunha outra causa e entende que a explosión foi accidental.

O escape produciuse na primeira caldeira do edificio, apenas houbo cheiro a gas e por iso non chegou a xerar alarma entre os residentes no edificio ata pouco antes da explosión. Foi o pasado vinte de xaneiro e morreron catro persoas.

 

Noticias web

24/02/2021