CRTVG

Buscar

A xuíza decreta o segredo do sumario do crime machista de Esplugues

Publicado o 07/01/2020 21:08

O Concello de Espluques celebrou este serán un pleno extraordinario para condenar o ultimo asasinato machista, que é o primeiro deste ano que acaba de comezar.

Mónica e a súa filla de 3 anos son as primeiras vítimas. Matounas o seu home e pai, que despois se autolesionou. Agora está no hospital, detido pola policía. Silencio e solidariedade tamén en Xaén, de onde procede a familia da muller asasinada.

Os Mossos d'Esquadra están investigando este novo crime machista. As dilixencias son secretas por orde da xuíza. Segundo contaron algúns veciños, de madrugada houbo unha liorta na rúa entre dous homes. Un deles era o detido polo crime, que despois entrou no domicilio familiar e, presuntamente, matou a muller e a filla, de só tres anos. En principio, non constan denuncias previas por violencia machista.

 

Noticias web

07/01/2020