CRTVG

Buscar

A xuíza cita como investigado o dono da parcela onde morreu Julen

Publicado o 13/02/2019 20:29
A xuíza cita como investigado o dono da parcela onde morreu Julen

A titular do Xulgado de Instrución número 9 de Málaga citou para o 22 de febreiro en calidade de investigado por un delito de homicidio imprudente o dono do predio de Totalán (Málaga) onde está o pozo en que caeu morreu o neno de 2 anos Julen o pasado 13 de xaneiro.

O Ministerio Público entende que tras o estudo de toda a documentación e atestados da Gardia Civil é o momento de "depurar, se procede, as responsabilidades penais". A maxistrada citou, en primeiro lugar, o propietario da parcela, David Serrano Alcaide, e, posteriormente, tomará declaración a unha ducias de persoas máis, todas elas en calidade de testemuñas, entre eles o empresario que perforou o pozo e os pais de Julen. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019