CRTVG

Buscar

A xefatura da Policía Local de Lugo segue vacante e sen visos de atopar unha solución

Publicado o 15/01/2019 14:42

A xefatura da Policía Local de Lugo segue vacante e sen visos de atopar unha solución. Ao non poder contar cos inspectores do cadro de persoal por prexubilacións e baixas, o Goberno local busca entre os oficiais, chegando incluso a nomear un dos lideres sindicais que promoveu a denuncia por un presunto delito de malversación contra a propia alcaldesa.

Dende as formacións sindicais xa adiantan que van recorrer o proceso, por ilegal, din que un oficial non pode ocupar a xefatura. Acusan o Goberno de desidia e improvisación. Tamén confirmaron que seguen adiante coa querela por prevaricación polo dispositivo de seguridade da cabalgata de Reis.

Noticias web

15/01/2019