CRTVG

Buscar

A volta completa ás aulas atrásase ata xuño e será progresiva

Publicado o 26/03/2020 15:24
A volta completa ás aulas atrásase ata xuño e será progresiva

A ministra de Educación dixo que a volta dos estudantes ás aulas podería atrasarse ata o mes de xuño. Isabel Celaá dixo que as previsións do Goberno estiman o regreso ás aulas entre mediados do mes de maio e principios de xuño.

Manifestou que non aceptan dar o curso por concluído e que agardan recuperar a actividade presencial, aínda que só sexan 15 días, para poder facer un repaso xeral das materias.

Noticias web

26/03/2020