CRTVG

Buscar

A volta ao traballo de PSA Vigo podería ser o luns que vén

Publicado o 13/04/2020 15:24

A factoría de PSA Vigo estará polo menos unha semana máis parada. O regreso á súa actividade podería ser o luns 20 de abril. Con todo, os sindicatos aínda non recibiron o comunicado da empresa para iniciar as negociacións de cómo será a volta.

E esa volta, que será gradual e por quendas, incluirá un novo ERTE que entraría en vigor unha vez finalice o estado de alarma. A empresa xa lles trasladou a súa proposta. O mesmo, sería de 90 días e dividiríase en dúas partes. Unha, a da recuperación progresiva, de 55 días ata o mes de agosto, e outra de algo máis de catro semanas ata finais de ano.

Porque ese novo ERTE que entraría en vigor a partir do 27 de abril afectaría a metade do cadro de persoal. É dicir, uns 4.500 traballadores.


 

Noticias web

13/04/2020