CRTVG

Buscar

A vítima do crime machista de Granada recibiu sepultura entre o afecto dos seus veciños

Publicado o 09/02/2020 21:44

A localidade granadina de Íllora despedía esta tarde a Ana Morilla. Centos de persoas asistiron ao funeral desta mestra de 38 anos que foi apuñalada pola súa ex-parella, un lexionario que se entregaba en dependencias da Garda Civil onte á noite. O autor do crime, de 24 anos, atacou a vítima no domicilio desta, en Granada.

Na capital granadina residía e traballaba como profesora de primaria, pero os seus antedentes familiares están no concello de Íllora. Nesta vila tamén exerceu como mestra durante cinco anos, e son moitos os que lembran a súa dedicación aos máis pequenos.

Previamente, ao mediodía, Íllora era o escanario dunha concentracón de repulsa por este asasinato. Entre os veciños, estaba moi presente que a vítima deixa unha nena orfa de dez anos. O Concello celebrou tamén un pleno extraordinario, en que se expresou dor e rabia polo sucedido.

"É necesario que paremos isto, é necesario que as mulleres estean vivas, é necesario educar en contra dese machismo que temos hoxe na sociedade. É unha pena, non sei en que estamos fallando", sinalou o alcalde, Antonio Salazar.

Dáse a circunstancia de que Ana Morilla era a coordinadora de Igualdade no centro educativo en que impartía docencia, nun barrio granadino. Os concellos de Íllora e Granada decretaron esta fin de semana tres días de loito oficial.

Noticias web

09/02/2020