CRTVG

Buscar

A vindeira semana comezan as obras de mellora no peirao de transatlánticos de Vigo

Publicado o 26/03/2019 16:13

Trátase de reforzar toda a zona do peirao que se viu degradada tanto polo paso do tempo como polo uso dos grandes buques. Os traballos previos do porto evidenciaron que algúns dos bloques de cachotaría do peirao desapareceron e deixaron exposto o núcleo da construción. Nese estado as ondadas e a acción das hélices dos transatlánticos fan que poida perder estabilidade e durabilidade. A partir da semana que vén comezan as obras que inclúen a colocación de barras de armado e formigonado dos ocos.

Son traballos complexos, xa que se deben facer en inmersión. Malia que o seu desenvolvemento se verá limitado polas condicións atmosféricas, o proxecto ten un prazo de execución de tres meses e un orzamento de case 80.000 euros.

Ademais, todas as tarefas deberán facerse sen interromper o tráfico de transatlánticos nesta primavera, máis de 20 nos próximos dous meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019