CRTVG

Buscar

A vía Nadela-Sarria será convertida en autovía

Publicado o 26/12/2019 14:43

 


Visto e prace da Xunta á primeira fase de conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria. Investirán máis de 24 millóns de euros en ampliar de un a dous carrís por sentido esta vía que une a capital luguesa con Monforte. O percorrido será máis seguro e tamén máis rápido, porque a velocidade permitida será de 120 quilómetros hora. Prevén comezar as obras a mediados de ano.

E outra vella demanda no capítulo de infraestruturas. Alberto Núñez Feijóo anunciou a licitación da obra do inicio da vía de alta capacidade Tui-A Guarda e o seu enlace coa A-55, unha conexión que mellorará a comunicación das empresas do polígono tudense de Areas con Vigo e Portugal.

Noticias web

26/12/2019