CRTVG

Buscar

A verdura de fóra está máis cara e a galega mantense

Publicado o 11/05/2020 15:13

Os postos de froitas e verduras teñen hoxe algo máis de actividade que en semanas anteriores, ainda que que, en xeral, non deixaron de traballar durante a pandemia.

"Hoxe hai máis xente pero vendimos moitisimo a domicilio todo o tempo. Moita xente está vindo os mercados de abastos, máis ca antes", din dúas froiteiras da praza de Lugo, na Coruña.

Tamén os prezos están a experimentar cambios a causa do estado de alarma, especialmente os productos de de Almería, sobre todo o pemento.

O produto de galegos e de temporada, en cambio, mantén os prezos, agás a pataca, porque hai pouca.

 

Noticias web

11/05/2020