CRTVG

Buscar

A Veiga recibe o premio á dinamización demográfica por conseguir frear o despoboamento

Publicado o 24/02/2020 16:31

Tres concellos galegos acaban de ser premiados por tomaren medidas contra a perda de poboación. 

A Xunta recoñece A Veiga, Parada de Sil e Cervo por iniciativas como restaurar casas para alugueiro, crear espazos de conciliación ou bolsas de emprego que axudan a manter ou atraer poboación.

Alberto Núñez Feijóo dixo na entrega dos galardóns, que suman 77.500 euros, que o reto demográfico debe ser unha tarefa de todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020