A vacina de Moderna é máis fácil de distribuír
A vacina de Pfizer necesita temperaturas de entre -60 e -80 graos para conservarse, mentres que para a de Moderna é suficiente con -20 graos. África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, explica que isto vai facilitar moito a súa distribución.
Os expertos agardan que coa chegada desta vacina a España o campaña de vacinación comece a ir máis rápido. José Antonio López Guerrero, director do gurop de Neuroviroloxía da Universidade Autónoma de Madrid, confía en que a longo deste ano academos o 70 % de inmunización.
As dúas vacinas teñen unha eficacia de preto do 95 % e reducen a posibilidade de contraer a infección. Pero, segundo algúns expertos, a de Moderna é máis efectiva na poboación maior de 65 anos, a que adoita presentar casos máis graves.