CRTVG

Buscar

A Universidade de Santiago xa está entre as dez mellores de España

Publicado o 18/03/2019 21:36

A Universidade de Santiago xa está entre as dez mellores de España. Así o indica unha publicación de referencia nos Estados Unidos.

A prestixiosa revista US News & World Report avaliou desta volta 1.250 centros de todo o mundo. E á USC dálle o noveno posto das mellores universidades españolas e o posto 407 entre as mellores de todo o mundo.

O máis destacado dos campus santiagués e lugués, para este informe anual internacional, é o labor docente e investigador no campo da farmacoloxía e da toxicoloxía, que se fan, neste sector en concreto, co segundo posto das universidades do Estado. O terceiro posto no podio España danllo á área de bioloxía molecular e xenética o quinto para as de físicas e matemáticas da USC. Valora ben tamén os estudos galegos de química, medicina clínica, ciencias ambientais, enxeñería, ciencias agrícolas, veterinaria e botánica.

 

Noticias web

18/03/2019