CRTVG

Buscar

A UME desinfecta as zonas de risco

Publicado o 18/03/2020 19:02

Medio cento de soldados da UME, con base en León, comezaron a desinfectar as zonas de Santiago cunha maior actividade de persoas, especialmente de colectivos de risco. Equipados con máquinas de alta presión e líquido desinfectante, e divididos en tres equipos, os militares pasaron pola terminal de autobuses, pola estación do tren, os hospitais e a dársena de Xoán XXIII.

Entre os seus obxectivos estan tamén o Centro de Acollida de Peregrinos do Monte do Gozo e as proximidades dos establecementos de alimentación máis concorridos, ademais da comisaría e Correos.
Están apoiados por unha quincena de vehículos militares.

Outro continxente co mesmo número de soldados e material actuou na cidade de Vigo, con idéntico obxectivo, os exteriores dos lugares máis concorridos, e o motivo, frear a propagación do virus COVID-19.

Noticias web

18/03/2020