CRTVG

Buscar

A última operación de tráfico do ano inicíase con máis controis nas estradas

Publicado o 27/12/2019 15:14

Ás tres da tarde comezou a segunda fase do dispositivo especial de Nadal da DXT que se vai manter ata as 12 da noite do día 1. En Galicia agárdanse nestas datas preto de 680.000 desprazamentos.

Axentes da Garda Civil intensificarán nestas xornadas os controis de alcol, drogas e velocidade para perservar a seguridade nas vías convencionais.

Controis coma este, instalado na nacional 550, repetiranse nos puntos onde está previsto que se rexistre a maior intensidade de trafico. 

Desde a DXT insisten en que respectar as recomendacións básicas de non coller o coche se se bebe, respectar os límites de velocidade, non manipular o móbil e levar posto o cinto de seguridade poden evitar pasar a formar parte do tráxico balance que só na primeira fase da campaña deixou xa 4 mortos nas estradas galegas.

Noticias web

27/12/2019