CRTVG

Buscar

A UE prohibe desde hoxe a produción e venda do tabaco mentolado

Publicado o 20/05/2020 13:40

Hoxe entra en vigor a prohibición de fabricar, vender e distribuír tabaco que conteña mentol. As autoridades sanitarias crén que este produto disimulaba o sabor amargo do tabaco e favorecía a aparición de novos consumidores.

A UE establecera unha moratoria sobre este tipo de tabaco que concluíu hoxe, coa entrada en vigor da súa prohibición, venda e distribución.

As autoridades sanitarias entendían que o mentol facía máis atractivo o tabaco para novos consumidores, creando unha falsa percepción de que era máis saudable.

Os estancos non cren que vaia ter unha grande repercusion económica esta medida, porque os consumidores deste tipo de de tabaco representan só unha pequena parte dos fumadores.

A UE estableceu que o mentol disimulaba o asabor amargo do tabaco e ofrecía unha sensacion de frescor que ocultaba a conxestión das vías respiratorias que causa o fume.

 

Noticias web

20/05/2020