CRTVG

Buscar

Os EUA e a UE acordan unha redución mutua de aranceis

Publicado o 21/08/2020 19:20
Os EUA e a UE acordan unha redución mutua de aranceis

A Unión Europea (UE) e Os Estados Unidos anunciaron este venres que acordaron un paquete de reducións arancelarias en áreas como as lagostas estadounidenses ou os chisqueiros e alimentos preparados europeos, un pacto que permitirá eliminar gravames por centos de millóns de euros en exportacións.

A Comisión Europea (CE) e o Departamento de Comercio estadounidense informaron nun comunicado conxunto de que estas reducións arancelarias son as primeiras negociadas entre OS Estados Unidos e a UE en máis de dúas décadas.

Baixo os termos do acordo, a UE eliminará os aranceis ás importacións de lagosta viva e conxelada procedente dos Estados Unidos, un produto do que se exportaron 94,3 millóns de euros (111 millóns de dólares) a territorio comunitario en 2017.A UE aplicará estes aranceis desde o 1 de agosto de forma retroactiva e durante cinco anos, e iniciará traballos para tentar facer estes cambios permanentes tras ese período.

Washington, pola súa banda, reducirá un 50 % as súas taxas arancelarias a unha serie de produtos europeos entre os que se inclúen comidas preparadas, vaixelas de cristal, produtos de tratamento de superficies, cargas propulsoras, chisqueiros e partes de chisqueiros.

As exportacións comunitarias a Estados Unidos destes produtos supoñen unha media anual de 136 millóns de euros (160 millóns de dólares). Os EUA tamén aplicará as restricións arancelarias de forma retroactiva, desde o 1 de agosto.

O comisario europeo de Comercio, Phil Hogan, e o representante de Comercio Exterior de EEUU, Robert Lighthizer, dixeron nun comunicado conxunto que o paquete de reducións arancelarias "traerá resultados positivos" ás economías de ambos os bloques. "Esperamos que isto marque o inicio dun proceso que leve a novos acordos para crear un comercio transatlántico máis libre, xusto e recíproco", afirmaron.

 

Noticias web

21/08/2020