CRTVG

Buscar

A TVG súmase ao equipo da doazón de sangue

Publicado o 19/12/2019 15:27

Ás portas desta casa, unha das dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que están percorrendo Galicia co seu lema: "Súmate ao noso equipo". E nós sumámonos a este equipo de maneira literal e de maneira deportiva.

E non é nada complicado doar. O primeiro, unha entrevista co médico, confidencial, por suposto. Picadiña e control da hemoglobina para desbotar unha anemia. E pasamos, que non pasa nada. Abonda con saber que estamos mirando para o lado correcto, para o lado de axudar.

En Galicia precisamos unhas 500 doazóns de sangue cada día. Abonda cuns minutos, e despois a calor do noso sangue queda ben coidado a entre 20 e 24 graos. Case medio litro se extrae por persoa, un volume que se recupera case de inmediato.

En épocas de vacacións pode baixar o número de doazóns, pero segue facendo falta tanto sangue coma sempre.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/12/2019