CRTVG

Buscar

A TVG prepara un amplo seguimento da xornada electoral do domingo

Publicado o 24/04/2019 18:44

Desde a apertura dos colexios, ás nove da mañá, ata ben entrada a madrugada haberá conexións cos principais puntos de interese. A partir das sete e media da tarde, un programa especial ofrecerá os primeiros datos da enquisa. Seguiremos o escrutinio a tempo real e contaremos con analistas en directo para avaliar o que acontece no noso país. 

En directo desde as nove da mañá, coa apertura dos colexios electorais. Avances informativos coas votacións dos candidatos presidenciais e de líderes galegos. Datos de participación... A TVG estará na actualidade da xornada electoral cun amplo despregamento técnico e humano completamente propio. E a partir das sete e media da tarde unha programación especial.

Ao peche dos colexios coñeceremos a sondaxe elaborada para FORTA. 12.000 entrevistas telefónicas proxectarán a primeira intención de voto. Será o momento da análise.

Serán máis de cinco horas en directo, en que estará moi presente o que acontece en Galicia.


 

Noticias web

24/04/2019