CRTVG

Buscar

A TVG, líder en Galicia e das autonómicas, segundo o EXM

Publicado o 27/06/2019 08:55

A segunda onda do Estudo Xeral de Medios deste ano achega datos positivos para esta canle.

Cunha cota de pantalla do 16,9%, a TVG convértese de novo en líder en Galicia, seis puntos por riba da que queda no segundo posto e con sete máis da que está no terceiro.

O incremento respecto do primeiro estudo de 2019 é de máis de 3 puntos de cota, o que se traduce nun crecemento superior ao 22%. Destes datos tírase, segundo o EXM, que esta canle é a que máis medra en Galicia.

Por horas, hai picos de case o 40% durante a emisión do Telexornal mediodía, de máis do 34% no Bos días e do 19,5% no Telexornal serán.

A TVG tamén é líder absoluta por faixas horarias. Na da mañá, de oito á unha e media, supera o 18%.

No mediodía, o período que vai desde a unha e media ata as cinco da tarde, ascende ata situarse preto do 28%.

E na faixa da noite, a partir das oito, a media é do 12,4%.

Por días da semana, o domingo e o luns son os de maiores audiencias para esta canle.

Noticias web

27/06/2019