CRTVG

Buscar

A TVG e a TPA unen forzas nunha emisión conxunta de irmandade entre Galicia e Asturias

Publicado o 25/12/2019 10:51

A Televisión de Galicia e a Televisión de Asturias ofrecen esta noite a primeira emisión conxunta realizada polas dúas canles. O programa "Inimitables: Benvidos, Bienllegaos" afondará nos puntos en común entre os dous pobos e na vertente musical desta relación.

O moito que nos une a galegos e asturianos é o punto de partida deste programa especial que nos levará de viaxe polas tradicións que comparten ámbalas dúas comunidades. Dende Ribadeo os presentadores Arturo Fernández, por parte da Galega, e Sonia Fidalgo e Alberto Rodríguez, da televisión asturiana, percorrerán a irmandade musical dos dous pobos.

Susana Seivane, Lucía Pérez, Os Melidaos e Pablo Carpintero encabezan a representación da música galega.

Pola banda asturiana o programa conta entroutras coas actuacións de Rodrigo Cuevas e Los Berrones. Variadas propostas musicais que nos sorprenderán nesta noite de Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019