CRTVG

Buscar

A tromba de auga desta madrugada deixa danos cuantiosos en Málaga

Publicado o 25/01/2020 21:16

Se o xoves Gloria deixou Málaga cuberta polo pedrazo, esta madrugada o que trouxo foi unha tromba de auga inesperada para os veciños. Ata 100 litros por metro cadrado nunha hora que fixo rebordar a canle do río Campanillas e dos seus afluentes. Ás catro da mañá a imaxe deste barrio do minicipio malagueño era esta:
E coa luz do día constatábase o estado en que acabaron coches, motos e colectores, amoreados entre a lama.
Foi o distrito máis afectado e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno aseguraba ante as queixas que a presa de Casasola que hai no lugar non se abriu en ningún momento e que ten capacidade para seguir recollendo auga.
"A presa de Casasola foi un elemento fundamental para evitar esa gran tromba de auga que puido ocasionar moitos máis danos materiais, incluso danos humanos, pero afortunadamente esa infraestrutura soportou evidentemente esta chuvia. "
A auga deixou pedanías incomunicadas e veciños desaloxados, algúns tiveron que ser evacuados polos servizos de urxencia e unha muller quedou ferida polo afundimento dun sumidoiro. O aviso laranxa mantívose ata as seis desta tarde, e durante esta xornada o concello abriu xa unha oficina de atención aos afectados.
 

Noticias web

25/01/2020