CRTVG

Buscar

A terminal de transbordadores de Bouzas é a que máis medra de España

Publicado o 21/11/2019 15:17

A terminal de transbordadores de Bouzas volve superar marcas. A terminal de carga e descarga de vehículos é neste momento a que mellor resultado obtén de toda España, ao medrar un 5,5% neste mes de novembro. Ademais, é o único dos portos importantes de toda España que ten datos positivos. 

A terminal de Bouzas volve colocarse nas súas cifras máximas de operatividade anuais. A superficie para carga e descarga de vehículos volve encherse ao cen por cento, a pesar da ampliación de 5.000 metros cadrados. É a terminal que obtén un mellor resultado en España, concretamente medra un 5,5 por cento, por diante de Barcelona, Valencia ou Santander, que se moven en negativo.

Agora, para dar o salto definitivo, a Autoridade Portuaria de Vigo agarda que se dea luz verde á construción do peirao exterior e á conexión ferroviaria. O estudo informativo xa conta co visto e prace de Fomento. Coa ampliación prevista, a terminal podería acoller ata 6 buques oceánicos de forma simultánea. 


 

Noticias web

21/11/2019