CRTVG

Buscar

A temporada alta nas Cíes podería prolongarse ata outubro, un mes máis do habitual

Publicado o 01/05/2020 14:44

Son todo un reclamo turístico e así o amosan estas imaxes do pasado verán no peirao de Vigo. O coronavirus, a famosa desascalada ao confinamento e o distanciamento social marcarán un verán atípico que repercutirá no turismo.

O tirón das Cíes nótase en Vigo, pero en toda a provincia para o sector da hostalaría. Predicir o futuro é complicado, pero xa avisan, que será negro anque haxa visitas ao arquipélago con acollida limitada.

En 2019, 300.000 persoas visitaron estas illas. Esta Semana Santa foron anuladas unhas 800 autorizacións. E aínda que seguirán aí para todos nós, este ano quizais teñamos que desfrutalas dende a distancia.
 

Noticias web

01/05/2020