CRTVG

Buscar

A tempada do cocido aumenta a venda dos seus principais ingredientes

Publicado o 07/02/2020 20:51



Estamos en tempada do cocido. A carnne de porco salgada gaña espazo nas carnicerías, a súa a venda aumenta entre un vinte e un trinta por cento nestas datas xa próximas ao entroido

 "Si, sen lugar a dúbidas. A verdade en que cada momento do ano sempre hai unha tendencia. Así como no verán son as grelladas, agora eses cocidiños, esa potiña..", di un carniceiro
 "Un bo lacón, unha boa galiña da casa, ou un poliño da casa. Despois os chourizos a cacheira, a cachucha, e xarrete ou unha carne de tenreira que teña pouca graxa", sinala unha carniceira 

Pero non hai cocido que se prece sen o acompañemento da verdura.

 "A ver, non comer moita cantidade de carne, pero os grelos, a pataca, non lle fai nada. Ao contrario, a verdura é boa"

O cocido ademais ten a vantaxe que é un prato relativamente económico e que se pode aproveitar para varios días.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2020