CRTVG

Buscar

A tarxeta Xente Nova comezará a funcionar en Ourense e Pontevedra o 15 de xuño

Publicado o 04/06/2020 15:07

A tarxeta Xente Nova comezará a funcionar na provincia de Ourense e en trece concellos da área metropolitana de Pontevedra a partir do 15 de xuño.

Avanzouno a conselleira de Infraestruturas tras manter unha xuntanza telemática cos responsables das federacións de transporte de pasaxeiros por estrada.

Ethel Vázquez destacou que se trata dunha medida importante para a mobilidade segura porque evita o pagamento en efectivo ao tempo que contribúe á sostibilidade do sector do transporte.

 

 

 

Noticias web

04/06/2020