CRTVG

Buscar

A superstición tamén xoga no sorteo da lotaría de Nadal

Publicado o 20/12/2019 21:31

O Gordo de Nadal ten as súas supersticións. No sorteo do domingo entran todos os números, pero, coma sempre, cada un busca a súa desculpa para mercar aquel que lle peta. Este ano triunfan o 28.419 e 10.119, datas das eleccións.

O 24.119, a data de exhumación de Franco do Val dos Caídos, tamén foi moi buscado e, para os monárquicos, o 18.109, a data en que a princesa de Asturias deu o seu primeiro discurso. Na zona do Mediterráneo buscaron tamén o 13.919, a data en que a Dana asolagou moitas localidades. Iso sen esquecer que moitos buscan a desculpa dalgún acontecemento familiar para mercar un número acaído: o nacemento dun fillo ou un aniversario.

O 15.919 está relacionado coa data en que España gañou o Mundial de Baloncesto e o 61.019 foi cando Marc Márzquez logrou o seu sexto mundial. Para os que confían máis na estatística, as terminacións máis habituais son as do número 5 e a cifra menos repetida no Gordo é o 1. Tamén foron moi agraciados os rematados en 4 e en 6.

Noticias web

20/12/2019