CRTVG

Buscar

A subcampioa do mundo de atletismo adaptado, Adiaratou Iglesias, orixinaria de Malí, reivindica o galego

Publicado o 25/11/2019 18:32

Adiaratou Iglesias aprendeu a escribir e a ler cando tiña 11 anos e se preparaba para viaxar a España en busca dunha vida mellor. Chegou a Lugo en 2014. Axiña entendeu a importancia de expresarse en galego e reivindicar o uso do idioma.

"Un pouco de reivindicación cara ao galego porque se está perdendo. É un idioma bonito, e non sei porque aos galegos lles dá vergoña falalo. Non estamos nos Séculos Escuros. Agora podemos falar galego sen ter vergoña".

Noticias web

25/11/2019