CRTVG

Buscar

A soidade no Camiño, aliciente para os peregrinos nestas datas

Publicado o 25/12/2019 13:14

Sempre hai alguén un pouco distinto, un pouco diferente aos máis que escolle, precisamente estas datas para peregrinar porque sabe que non vai cadrar con ninguén. e iso é precisamente o que quere: Soidade, acougo, a calma que dá acordar no albergue de Portomarín e poder tomar o café de máquina tranquilo, de forma consciente, coméntanos Mikel, un polaco de 38 anos que fai por segunda vez o camiño.

A primeira fora no 16. E a segunda empezou no 18 en Roncesvalles. Deixono en Pamplona porque había moita xente. Por iso estas datas son as mellores para el. "Hai menos xente camiñando, e iso axúdame a centrarme no Camiño, nas miñas cousas, nos meus pensamentos", comenta.

Mikel durmiu no albergue esta noite. Só había outros dous peregrinos. Un terceiro aínda seguía durmindo esta mañá aos pés do neno Xesús que hai no Concello de Portomarín.

Non atopamos máis peregrinos. Todo silencio e o cartel de pechado en cada tenda, en cada bar, en cada hostal.

Imos buscar máis peregrinos en Palas e atopamos un matrimonio de murcianos que deixaron os fillos cos avós e cumpriron a promesa que se fixeran de peregrinar a Compostela no 2019. Tamén pasaron a noiteboa nun albergue. O menú foi compartido

Gloria e Alejandro fálannos da soidade cómoda que sentiron, a mesma que Mikel. "Non me importa estar só -comenta-, de feito prefiro así. Así é como lle gusta facer o camiño, a mesma conclusión que comparten Gloria e Alejandro

Chegamos a Palas de Rei e, de novo, todo pechado, hermo. Aquí atopamos a terceira peregrina, xa con algo máis de presa por irse achegando a Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019