CRTVG

Buscar

A socialista Lara Méndez de novo alcaldesa de Lugo

Publicado o 15/06/2019 14:31

En Lugo, a socialista Lara Méndez repite na alcaldía grazas a un goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego. Será a terceira vez que as duas formación políticas gobernen cun bipartito neste concello. O Partido Popular, ainda que foi a forza máis votada, liderará a oposición con dez concelleiros.
Lara Méndez di que afronta este novo mandanto con máis responsabilidade tra-la experiencia do anterior e co reto de facer da cidade unha abandeirada dos muncipios sostibles.
A alcaldesa Lara Méndez, dixo que afronta este mandato: "Con maior responsabilidade que fai catro anos, pero coa mesma ilusión, coas mesmas gañas, co mesmo esforzo que imos poñer en cada unha das actuacións que levemos a cabo, e polo tanto un día feliz"

Para os seus socios de goberno serán catro anos intensos nos que queren que Lugo avance e cambie. Ruben Arroxo. Voceiro do BNG : "Agora xa dende o goberno teremos a oportunidade de poder levar adiante o noso proxecto, que creemos que van facer que Lugo funcione e que Lugo mellore"

Os populares ven no discurso da alcaldesa unha continuidade da paralise dos últimos catro anos. Ramón Carballo, Voceiro do Partido Popular dixo: "Dende logo as promesas de hoxe, son moi pobres para o concello de Lugo, non nos espera ningunha novidade frente a eses catro anos de parálise"

Esta será unha corporacion menos plural ao pasar de seis forzas políticas con representación a catro.

Noticias web

15/06/2019