CRTVG

Buscar

A situación en Cataluña xera unha tirapuxa entre os partidos en Pontevedra

Publicado o 22/10/2019 15:25

A situación en Cataluña chegou ao pleno municipal de Pontevedra, onde unha moción do PP orixinou unha tirapuxa entre os partidos. Os populares presentaron unha moción de apoio ás forzas de seguridade que están facendo fronte ás protestas. BNG e PSOE cualificaron a iniciativa de electoralista. O voceiro popular acusou o Bloque de conivencia con Torra e de querer trasladar o problema catalán a Galicia, e a voceira nacionalista respondeu que sempre rexeitaron calquera tipo de violencia. Finalmente, os partidos do Goberno municipal votaron divididos. O PSOE apoiou a moción, e o BNG votou en contra.

A portavoz nacional do BNG di que o PP busca desviar a atención con iniciativas como estas. Asegura que o Bloque está centrado en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019