CRTVG

Buscar

O Rei pronuncia esta noite un discurso clave nun momento de incerteza política

Publicado o 24/12/2019 19:34

A incerteza política obrigou a Zarzuela a apurar os prazos para a gravación do discurso ata onte, só 24 horas antes da súa emisión. A mensaxe máis persoal do Rei, na que é a comparecencia máis vista do xefe do Estado, estará marcada este ano, máis ca nunca, polo contexto: un goberno en funcións, as negociacións para a investidura e a crise catalá.

Non se agardan referencias directas a estes asuntos, pero si alusións á defensa da convivencia, da Constitución e da lei. Tamén é habitual que Filipe VI envíe algunha mensaxe en clave económica e social, con referencias ao cambio climático ou á violencia contra a muller.

Entre o que se pode dar por seguro do seu sexto discurso como monarca é algunha referencia, visual ou de palabra, aos primeiros discursos da princesa de Asturias, que este ano deu un paso adiante no seu papel como herdeira da coroa.

 

Noticias web

24/12/2019