CRTVG

Buscar

A sesión de investidura segue sen data, condicionada polo informe da Avogacía sobre Junqueras

Publicado o 26/12/2019 18:31

A avogacía do estado ten ata o vindeiro xoves día dous para opinar sobre os efectos da sentenza europea sobre a inmunidade de Oriol Junqueras. A súa opinión será determinante para que Esquerra decida ou non volver ás negociacións. O goberno insiste en que os avogados do estado non actuarán por motivacións políticas.

Margarita Robles, ministra de Defensa en funcións, di que "as cuestións xurídicas esixen moito debate, moita precisión, moito rigor. As cuestións xurídicas nunca son cuestión políticas e a última palabra teráa o Tribunal Supremo, que terá que aplicar a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea".

Así, moitos dos actores implicados dan por feito que a investidura terá que agardar a despois de Reis.

Noticias web

26/12/2019