CRTVG

Buscar

A serie 'Hierro', favorita dos Mestre Mateo, con 16 candidaturas

Publicado o 10/02/2020 16:26

Hierro é a serie con máis finalistas da historia dos Mestre Mateo coas súas 16 posibilidades. Ante ela as series da Televisión de Galicia, o que amosa a aposta da Academia Galega do Audiovisual por este tipo de historias.

Tras Hierro, os dous filmes do ano en Galicia. As 15 candidaturas de Quen a ferro mata, de Paco Plaza, e as 12 de O que arde, de Oliver Laxe.

A edición número 18 dos Mestre Mateo deixará duelos nas categorías de interpretación coma o de Amador Arias fronte a Luís Tosar, Darío Grandinetti e Miguel de Lira. Ou na categoría feminina entre Benedicta Sánchez, Candela Peña e as actrices de Eroski Paraíso, Cris Iglesias e Patricia de Lorenzo.

Nas candidaturas a mellor programa de televisión atopamos a Malo seráCos pés na terraDesmontando Galicia Land Rober, e na de mellor comunicadora a Lucía Regueiro, Marta Doviro, Neves Rodríguez e Rodrigo Vázquez.

Serán o 7 de marzo na Coruña, presentado por Patricia Vázquez e con Luís Avilés na dirección para celebrar este ano de ferro ardente do audiovisual galego.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020