CRTVG

Buscar

A sereíña de Copenhage amence cunha pintada coa lenda "peixe racista"

Publicado o 04/07/2020 20:34
A sereíña de Copenhage amence cunha pintada coa lenda "peixe racista"

A estatua da Sereíña de Copenhage, o símbolo turístico de Copenhage, aparece pintada co lema "peixe racista" que soprende os que a visitan nas últimas horas. A Policía abriu unha investigación arredor do ataque vandálico sobre a popular escultura visitada anualmente por máis dun millón de turistas. Nos seus 107 anos de existencia foi usada en moitas ocasións como medio para reivindicacións políticas. 

Os investigadores cren que agora elixiron a figura pola súa condición de símbolo nacional, xa que nin a historia na que se inspira nin o magnate que a doou á cidade teñen relación co racismo