CRTVG

Buscar

A SEPI investirá 100 millóns nun novo taller en Navantia

Publicado o 08/11/2019 15:38

O alcalde socialista de Ferrol, Ángel Mato, anunciou a construción dun novo taller nas instalacións de Navantia que servirá para mellorar a competitividade da factoría con vistas á construción das fragatas F-110. Trátase da primeira das obras do proceso de modernización do estaleiro.

As instalacións de Navantia en Ferrol precisan dun proceso de modernización necesario para asegurar a competitividade da empresa. É o programa do chamado estaleiro 4.0 en que colaboran a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña.

Agora o consello de administración da SEPI dálle luz verde á primeira das reformas. Trátase da construción dun gran taller deseñado para fabricar módulos de gran tamaño que servirán para aforrar tempo. Os traballos prolongaranse durante tres anos e suporán un investimento de arredor de 100 millóns de euros.

O plan estratéxico de Navantia contempla investimentos de aquí ao 2022 en todo o conxunto da empresa cun investimento previsto que rolda os 500 millóns de euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019