CRTVG

Buscar

A selección prepara en Abegondo o partido contra Acerbaixán

Publicado o 02/10/2019 20:13

A selección española traballa en Abegondo. As españolas están preparando o partido clasificatorio para a Eurocopa de Inglaterra 2021. O partido é este venres, contra Acerbaixán, no estadio de Riazor.

"É unha pasada o estadio de Riazor, eu persoalmente fun ver un partido do Deportivo e é unha pasada velo dende fóra, xa non imaxino estar dentro temos moitas ganas de gozar dese campo", asegura Patricia Guijarro.

A porteira Sandra Paños sinala que o choque coas acerbaixanas é: "Un partido ilusionante, comezamos a clasificación para a Euro. Coido que vai ser un partido moi bonito, moi acolledor porque imos estar nun dos estadios míticos como é de Riazor e con moitas ganas e moita ilusión de que chegue o venres".

Mentres, Marta Corredera fai un chamamento á afección para que o venres se achegue a Riazor: "Oxalá vexamos xente nas bancadas, que haxa ambiente, que o público nos respalde porque é o que vimos demandando. Oxalá que co Mundial de Francia se dese un paso adiante neste sentido e que a xente responda, que é un bo partido e é un bo día é un venres".

Noticias web

02/10/2019