CRTVG

Buscar

A segunda unidade dálle o primeiro triunfo ao Real Madrid diante do Bruxas

Publicado o 11/12/2019 23:13
A segunda unidade dálle o primeiro triunfo ao Real Madrid diante do Bruxas

Os brasileiros Rodrygo e Vinicius e o croata Luka  Modric aproveitaron a titularidade de Zinedine Zidane para dar cos seus goles o primeiro triunfo do Real Madrid diante do Bruxas no seu cuarto enfrontamento, nun peche con triunfo da fase de grupos da liga de Campións (1-3).

O Real Madrid cumpriu en Bélxica nun partido en que só se xogaba a honra, co segundo posto do grupo certificado. Zidane rotou e só puxo de inicio dous titulares, Raphael Varane e Casemiro, antes de encarar dúas saídas importantes en Liga fronte o Valencia e o Barcelona.