CRTVG

Buscar

A secuencia de Denis Suárez no gol do Celta

Publicado o 23/02/2020 09:51

O gol chegou no único remate a porta do Celta no partido. E foi, ademais, con nove xogadores no campo. Denis Suárez aproveita a parada do VAR para ir cambiar as botas. Non lle da tempo e, cando aínda está pedindo permiso para entrar, chega o gol. O de Salceda entra entón celebralo cos seus compañeiros, sen decatarse de que xa tiña un cartón por protestar. Moi atento, Sergio Álvarez vaino buscar para que saia outra vez do terreo de xogo. No Celta, xa o vén, os ánimos andan polas nubes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2020