CRTVG

Buscar

A saída sur ferroviaria de Vigo permitirá incrementar nun 6% a actividade portuaria

Publicado o 22/06/2020 15:43

A saída sur ferroviaria de Vigo permitirá incrementar nun 6 por cento a actividade portuaria e xerar 528 millóns de euros. Son os datos do estudo sobre o custo-beneficio desta infraestrutura que a Xunta de Galicia trasladará ao Gobeno central, responsable da execución. 

Cun custo de 410 millóns de euros, é unha actuación estratéxica que lle dá continuidade ao Eixe Atlántico cara a Portugal e a Meseta. Suporá reducións nos tempos das viaxes e atraerá novos tráficos de carga ao porto.

A conselleira de Infraestruturas lembrou a urxencia da súa execuación para optar aos fondos europeos. 

 

Noticias web

22/06/2020