CRTVG

Buscar

A saída sur de Vigo, incluída no Corredor Atlántico de Mercadorías, será considerada obra principal e non secundaria

Publicado o 18/06/2019 18:57

A Comisión Europea trasládalle ao Goberno galego que a saída sur de Vigo, incluída no Corredor Atlántico de Mercadorías, será considerada obra principal e non secundaria. O director xeral de Mobilidade da Xunta recibe, en Bruxelas, a confirmación de que a saída sur de Vigo cara a Portugal poderá optar a máis fondos comunitarios e deberá estar rematada antes do 2030. Iso, opción de máis cartos e conclusión en menos tempo, será por estar catalogada como obra básica e principal, e non como infraestrutura secundaria das que se incluirán no Corredor Atlántico de Mercadorías.

Ignacio Maestre, director xeral de Mobilidade: "Hoxe podemos dicir que a saída sur de Vigo forma parte da rede Principal da UE e, polo tanto, estará rematada, como é previsto, no ano 2030. Polo tanto, estamos a falar que, en dez anos, esta infraestrutura, fundamental para as comunicacións ferroviarias de Galicia do Norte de Portugal, debe estar rematada en dez anos".

Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

 

Noticias web

18/06/2019