CRTVG

Buscar

A roupa, con garantía de dous anos

Publicado o 28/02/2020 16:29

É un dos produtos que cada día chegan ao laboratorio de Consumo de Galicia. Aquí, os técnicos encárganse de comprobar que cumpre coas garantías que se lle esixen ao fabricante. O calzado é unha das reclamacións máis habituais. Tamén a calidade dos tecidos.

Roturas na prenda, mala calidade das tinturas e, sobre todo, a aparición de boliñas que os profesionais do laboratorio se ocupan de comprobar.

De comprobar que existe ese defecto de fabricación, pode esixirse a devolución do produto ou o reintegro dos cartos.

"Dentro dos seis primeiros meses, se ten un defecto de fabricación, non ten que demostrar o problema que tén. Despois hai ata dous anos, pero ao final sempre se pode reclamar porque o defecto estaba oculto. As sancións ou as responsabilidades serán outras, pero sempre hai oportunidade para a reclamación", explica Juana Ferreiro, técnico do Laboratorio de Consumo de Galicia. 

O aconsellable é conservar o xustificante de compra. Pero aínda sen o comprobante, en moitas tendas abonda con demostrar que o artigo pertence á marca para facer valer o dereito do consumidor.

Noticias web

28/02/2020