CRTVG

Buscar

A rotura dunha tubaxe causa problemas no tráfico na contorna do polígono da Grela

Publicado o 24/02/2020 14:21

Esta mañá na Coruña a rotura dunha tubaxe causou problemas no tráfico nas proximidades do polígono industrial da Grela. Formáronse grandes pozas de auga, que tamén complicaron o tránsito dos peóns.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e tamén un camión cisterna, para poder bombear a auga, que tamén arrastrou grandes cantidades de terra, que tiveron que limpar os operarios municipais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020