CRTVG

Buscar

A rotonda de Sabarís, en Baiona, convértese nun circuíto para condutores temerarios

Publicado o 05/12/2019 14:38

Son imaxes gravadas por un veciño durante a fin de semana dende a ventá da súa casa. Un condutor aproveita a noite para conducir por esta rotanda urbana de Sabarís de forma temeraria poñendo en risco a súa vida e a doutros condutores. A situación é habitual e os veciños comezan a estar fartos.

A perigosidade da situación xa está en coñecemento do Concello. Moitos veciños denuncian que a falta de policía local polas noites, coa eliminación desta quenda, lles dá vía libre a estes kamikazes.

Nos últimos días, outro condutor levaba por diante co seu vehículo uns pivotes en pleno centro de Baiona e despois fugábase. Os veciños piden máis seguridade e sobre todo medidas que poñan fin a estas situacións.

E mentres non cheguen as solucións, os condutores temerarios seguirán utilizando esta rotonda urbana como un circuíto para realizar manobras ilegais ao volante.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2019